Fai o teu once da selección galega


Foto: César Quian/La Voz de Galicia

Hoxe cúmprense 98 anos do primeiro partido disputado pola selección galega de fútbol. O colectivo Nós celebrarao cunha videoconferencia na que participarán Xurxo Souto, Vero Boquete, Sergio Álvarez e Fernando Vázquez, e nós queremos invitarvos a confeccionar a vosa propia selección galega. 

Esta semana o diario AS facía o seu once de tódalas autonomías, que nos pode servir como referencia, o equipo proposto estaba composto por Diego López (Espanyol), Hugo Mallo (Celta), Rober Pier (Levante), Chumi (Almería), Jonny (Wolverhampton), Comesaña (Rayo Vallecano), Denis Suárez (Celta), Jota Peleteiro (Alavés), Iago Aspas (Celta), Santi Mina (Celta) e Lucas Pérez (Alavés). 

Un once bastante respetable, ainda que hai outros nomes como Rubén Blanco, Angeliño, Fontán, Lucas Vázquez, Pedro Mosquera, Jason, Joselu ou Ferreiro, por citar algúns que tamén poderían estar nese once da selección galega, que tería potencial para facer un bo papel en Europa. 

O que vos pedimos, en definitiva, e que elaboredes o vose once con futbolistas galegos para entre todos confeccionar o once ideal da irmandiña. 


0 comentarios:

Publicar un comentario