Kevin estará de baixa entre 4 e 6 semanas e José Fontán outras dúas



As probas médicas ás que foi sometido Kevin Vázquez determinaron que o defensor sofre unha unha rotura fibrilar no xemelgo interno da súa perna esquerda. O canteirán estará de baixa entre 4 e 6 semanas. Pola súa banda, Jose Fontán estará polo menos dúas semanas de baixa tras confirmarse unha subluxación acromioclavicular no seu ombreiro esquerdo. O defensor queda pendente de evolución.

0 comentarios:

Publicar un comentario