Ecologistas En Acción pone en duda las obras de la nueva Ciudad Deportiva del Celta


Las obras que está llevando a cabo el Celta en Mos, para la construcción de la nueva Ciudad Deportiva siguen dándole quebraderos de cabeza. Según informa Faro de Vigo este miércoles, el colectivo Ecologistas en acción teme que las obras incumplan la ley al realizarse en suelo rústico, por lo que ha solicitado al Concello de Mos y la Agencia de Protección de la Legalidad Urbanística (APLU) y a la Xunta de Galicia que abra una investigación, y de ser necesario inicie las pertinentes actuaciones. 

En su página web (http://ecologistasenaccion.org) ha publicado el siguiente escrito: 

  • Ecoloxistas en Acción denuncia ante o Concello de Mos e a APLU o aparente exceso de edificación das obras da Cidade Deportiva do Celta nos montes comunais de Pereiras.
  • Ecoloxistas en Acción solicita á APLU que adopte as medidas oportunas para a defensa do interese público, tanto na vía administrativa como, se se estima procedente, denunciando os feitos ante as autoridades competentes -en caso de apreciar algún ilícito penal.
  • Ecoloxistas en Acción denuncia que a simple vista pode apreciarse que o edificio que están construindo baixo a única cobertura legal das licencias directas excede en demasia o que pode considerarse un pequeno almacén e uns imprescindibles vestiarios.
  • Ecoloxistas en Acción esixe que de comprobarse que a sociedad Real Club Celta de Vigo, S.A.D estea realizando actuacións á marxe da dúas licenza outorgadas, se adópten conforme ás previsións da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia, as medidas de restablecemento da legalidade urbanística infrinxida que puidesen corresponder. E, en particular, a paralización das obras, e o inicio dos oportunos expedientes de disciplina urbanística, en función da natureza das infraccións hipoteticamente cometidas.


A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos outorgouna súa sesión do 29 de novembro de 2018, licencia de obras para a construcción de dous campos de fútbol. E posteriormente o 31 de outubro de 2019 unha licenza de obras para a construción duns «vestiarios e instalacións auxiliares imprescindibles». Atendendo ás informacións reflectidas en prensa, as instalacións auxiliares ás que se refire a licenza refírense, exclusivamente, a un pequeno almacén vinculado aos vestiarios, entendido como instalación imprescindible para o uso autorizado.

A actuación está desenvolvendose en terreo rústico de especial protección forestal polo que están suxeitas  ao réxime estabrecido nos artículos 31.1.a), 32, 34.2.b), 35, 36 e 39 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia. Precisamente pola súa especial protección, están sometidos a un réxime de intervención e usos do chan moi estrito, que debe ser en todo momento respectado e preservado. Ditas actuacións só contan coas licencia directas otorgadas polo goberno do Concello de Mos, xa que tanto a Modificación Puntual do PXOM como o Plan Especial Deportivo express co que o Concello de Mos pretende dar cobertura xurídica ás obras non están aprobados.

Todo parece indicar que  a sociedad Real Club Celta de Vigo, S.A.D poderín estar a realizar obras ou actuacións ben sen contar coa oportuna  licenza ou orde de execución -por non estar cubertas polas dúas licenzas outorgadas polo  Concello de Mos ás que se aludiu nos epígrafes precedentes-, ou ben excedendo desde un punto de vista material as condicións autorizadas nas dúas licenzas -tanto desde a óptica das obras autorizadas, como dos usos do chan, e tamén no que se refire aos terreos afectados-.

Ecoloxistas en Acción esixe ao Concello de Mos que garanta en todo momento o cumprimento das previsións da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia, da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e da demais normativa complementaria en materia de urbanismo, medio ambiente e ordenación do territorio, considerando que estamos ante terreos clasificados como de chan rústico de especial valor forestal. Ecoloxistas en Acción apercibe ao Concello de Mos que de non cumplir e facer cumplir a lei adoptará medidas legais.

Ecoloxistas en Acción solicita  a APLU que efectúe as oportunas comprobacións, coa finalidade de verificar se as actuacións reflectidas neste documento e nos seus arquivos complementarios, desenvoltas en chan rústico de especial protección forestal, están a realizarse de conformidade coas dúas licenzas orixinariamente outorgadas ao Real Club Celta de Vigo, S.A.D., ou ben se exceden das mesmas, tanto desde a óptica das obras autorizadas, como dos usos do chan, e tamén no que se refire aos terreos afectados.  No caso de que se estean realizando actuacións á marxe da dúas licenza outorgadas, adóptense conforme ás previsións da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia, as medidas de restablecemento da legalidade urbanística infrinxida que puidesen corresponder. E, en particular, a paralización das obras, e o inicio dos oportunos expedientes de disciplina urbanística, en función da natureza das infraccións hipoteticamente cometidas.

0 comentarios:

Publicar un comentario