o'VAR 107 | Pouco que celebrar


19/07/2020
LIGA
ESPANYOL - CELTA (0-0)
Guion: RE
Debuxo: DAVIDA
Agradecementos: Arantxa Davos (deseño gráfico), Marcos Bacariza (moiceleste)
ovarceleste@gmail.com
Tw - @oVARceleste
Ig – ovarceleste

Imos celtistas!!! Vaia salvación!! Vaia sufrimento! Dende o’VAR queremos devolverlle o agradecemento a Óscar e aos xogadores. Grazas por manter ao Celta en primeira un ano máis. Grazas polo compromiso e afouteza que amosastes. E grazas por darlle emoción a estes últimos encontros. Brindaremos con champaña celebrando a vosa xesta.

Deixando a retranca de lado, rematamos un ano esgotador para todos os celtistas. Toca pasar un bó verán e recuperar a ilusión perdida neste final de liga. Para ben ou para mal, sexa quen sexa o adestrador, os xogadores ou o presidente, todos seguiremos sendo celtistas o ano que vén.

Sempre Celta




0 comentarios:

Publicar un comentario