Oficial | O Celta renova a Sergio ata 2021


Foto: RC Celta
O porteiro Sergio Álvarez selou no Salón Rexio de A Sede a súa renovación co RC Celta por unha tempada máis. O porteiro de Catoira, que se atopa recuperándose dunha lesión de xeonllo, seguirá ligado á entidade celeste até xuño de 2021.

O canteirán acumula unha dilatada traxectoria no RC Celta, co que suma 186 partidos oficiais entre LaLiga, Copa de SM o Rei e Europa League. Sergio mostrou a súa alegría tras a renovación. “Estou moi contento. Estou na miña casa e a miña primeira opción é estar aquí porque son feliz. Encantado de poder gozar un ano máis”, apuntou o porteiro.

0 comentarios:

Publicar un comentario