O Celta, primeiro club en recibir o certificado AENOR de protocolos de actuación fronte ao COVID-19


O Grupo RC Celta acaba de recibir o certificado AENOR de protocolos de actuación fronte ao COVID-19, un recoñecemento que destaca as medidas e protocolos postos en marcha polo grupo, colaborando no proceso de volta á normalidade, no control da situación sanitaria do día a día e achegando valor nos procesos de continuidade de negocio. O RC Celta convértese no primeiro e único club de España que obtén este certificado.

Desta forma, AENOR apoia as boas prácticas na xestión dos riscos derivados do COVID-19 en todas as instalacións e sociedades do Grupo RC Celta (Real Club Celta de Vigo, S.A.D., Afouteza e Corazón, S.L.U., e Fundación Celta de Vigo)

Todas as instalacións e servizos do Grupo RC Celta teñen a seguridade de estar a aplicar protocolos adecuados e, ademais, demostran o seu compromiso para evitar a propagación do COVID-19. En concreto, o inmoble da Sede, que alberga o Restaurante Silabario, Café A Sede-O Trigal, Clínica RC Celta, tenda oficial do RC Celta, residencia A Canteira e oficinas do club convértese nun espazo que cumpre os certificados COVID e que puxo unha especial énfase na higienización de todas as súas zonas con desinfección e limpeza de todas as zonas comúns. Ademais, tamén se aumentou o número de dispensadores de xel e establecéronse medidas de distanciamento interpersoal.

AENOR

AENOR, a través da certificación e da avaliación da conformidade, contribúe a mellorar a calidade e competitividade das empresas, os seus produtos e servizos. AENOR é a entidade líder en certificación en España, xa que os seus recoñecementos son os máis valorados e atópase entre as 10 principais certificadoras do mundo.

Actualmente, máis de 80.000 centros de traballo teñen algún dos certificados de AENOR, que apoian ás organizacións en campos como a Calidade, Xestión Ambiental, Innovación, Seguridade Laboral ou Responsabilidade Social.

Nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario