Os abonados do Celta poden comprar desde este luns as entradas visitantes para Getafe


O Celta encadea catro partidos consecutivos sen coñecer a derrota. Este refacho de resultados positivos sería impensable sen a unión equipo-afección, que tanto en Abanca Balaídos como nos partidos a domicilio está a demostrar ser capaz de superar calquera adversidade.

O club pon desde este luns a disposición dos seus abonados as entradas para o partido do próximo sábado ás 21.00 horas ante o Getafe no Coliseum Alfonso Pérez. Aqueles que desexen presenciar o choque deberán adquirir nas billeteiras do estadio unha localidade para a bancada visitante ao prezo de 35 euros. Esta promoción é exclusiva para os abonados do club e será necesario presentar o carné á hora de retirar a entrada.

O prazo para adquirir unha localidade finaliza o venres ás 13.30 horas. Os horarios para realizar a compra son de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

RC Celta

0 comentarios:

Publicar un comentario