A mensaxe en galego de Óscar e Roger García ao celtismo



Óscar García Junyent e o seu irmán Roger presentáronse ante o celtismo a través do Twitter do Campus que levan ambos adestradores, que levarán a manixa do Celta de aquí a final de tempada, e fixérono en galego, como un guiño á que será a súa afección nos vindeiros meses: 

Tanto pola parte de Óscar coma de Roger, queremos mostrar o noso agradecemento a todos os socios e afeccionados do Celta polas mensaxes de ánimo e agarimo que nos mostraron nestes días. Entre todos temos que remar na mesma dirección e estamos seguros que a forza da familia celtiña xunto ao traballo diario dos xogadores darán os resultados que todos agardamos.
¡Hala Celta

0 comentarios:

Publicar un comentario