o'VAR 067 | Comeza a tempada de lapidación



Comeza unha nova tempada en moiceleste e a primeira lapidación non se fixo esperar. Había ganas de fútbol: de polémicas, de ver aos retornados, de comprobar na bancada de Balaídos se temos ben medidos os quince centímetros e... de que volvesen Anselmo e Bieito seguro que un pouquiño tamén ;)

En calquera caso nós seguimos ao noso. Arrincamos unha tempada chea de dúbidas. Pagaranos Marcos Bacariza o noso primeiro céntimo? Lograremos o noso primeiro hater? Baixará de prezo o váter xaponés (ese cun chorriño para o cu)?


Benvidos a o'VAR!


18/08/2019
LIGA
CELTA - REAL MADRID (1-3)
Guion: RE
Debuxo: DAVIDA
Agradecementos: Arantxa Davos (deseño gráfico), Marcos Bacariza (moiceleste)
ovarceleste@gmail.com





0 comentarios:

Publicar un comentario