El Concello responde al Celta: La grada de Río ya estaba cerrada y el Celta lo sabía


Nuevo episodio en la agotadora pelea entre Celta y Concello por las obras de Balaídos. En esta ocasión contesta el Concello, con respecto a la información publicada por el Celta ayer en la que daba cuenta de que el gobierno local había cerrado las gradas de Río para el Memorial Quinocho. Responde el consistorio: No se cerraron para ese día, ya estaban cerradas y el Celta lo sabe desde hace mucho tiempo, a pesar de que puso entradas a la venta para esas localidades. 

A continuación el comunicado del Concello, que acaba de publicar La Voz de Galicia. 

Vigo, 3 de agosto de 2019.- 

En referencia ás manifestacións realizadas polo Celta de Vigo, o Concello quere sinalar que a Grada de Río non se pecha agora senón que leva pechada desde que rematou a temporada pasada da Liga para continuar coas obras que quedaban pendentes, tal e como lle foi comunicado ao Celta, sen que este comunicara reparo algún. 

Amais do axuste na instalación dos asentos, nestes momentos estase a rematar a instalación dun elevador para persoas con mobilidade reducida e acometendo os traballos de acondicionamento de espazos deportivos do Instituto Municipal de Deportes baixo a Grada de Río. Estes labores afectan á creación de novos corredores de evacuación, ao novo ascensor e á rampla de acceso á porta 18, a que dá entrada á grada de Río Baixo e, máis importante, é a porta de evacuación de toda a grada de Río no caso de que se produza algunha incidencia, polo que por motivos de seguridade non se pode abrir, facelo sería unha temeridade. A máxima preocupación do Concello é a seguridade e este extremo xa se lle trasladou ao Celta con anterioridade, así como o cronograma de obras, aínda que o clube omita esta circunstancia na súa comunicación pública. 

Isto significa que non se pode acceder nin evacuar aos espectadores pola porta 18 nin pode estar dispoñible a grada de Río polos citados motivos de seguridade. Como ben sabe o Celta, a grada estará plenamente operativa para o 17 de agosto, coincidindo co primeiro partido de Liga do equipo no estadio. 

O clube é coñecedor desta situación desde o primeiro momento -cuestión que oculta no seu comunicado – e nunca trasladou ao Concello obxección algunha. O clube tamén sabe sabe que a prioridade do Goberno local é e debe ser a seguridade dos asistentes a Balaídos. 

Non obstante, segundo o histórico de afluencia de público ao Memorial Quinocho e tendo en conta que nalgunha ocasión xa se desputou coa grada de Río pechada, este torneo pode desenvolverse con absoluta normalidade.

0 comentarios:

Publicar un comentario