Renovacións online ou en caixeiros Abanca


Ao igual que sucedeu a pasada campaña, o Celta habilita a renovación online, que o ano pasado deu un feixe de problemas, e a través de caixeiros Abanca, salvo para os casos dos abonos Miudiños, que se terán que facer nas taquillas de Balaídos.  


Podo facer a renovación ou alta desde o meu móbil, tablet ou pc?
Si, podes renovar o teu abono cómodamente a través da web www.istovaidecorazon.rccelta.es. O teu Pack de Benvida chegará nun prazo dunha semana á dirección que nos indiques. Para as altas, primeiro debes inscribirte na Lista de Espera na web www.istovaidecorazon.rccelta.es. Posteriormente, se tes dereito a praza tramitarás o teu abono na mesma web.

Perdo os meus descontos se tramito o meu abono online?
Non, en ningún caso. Se dispós dalgún desconto gozaralo igualmente se tramitas o abono online.

Podo dar de alta e renovar calquera categoría?
Si, todas as categorías e bancadas pódense tramitar online, excepto o Carné Miudiños. O Carné Miudiño poderás tramitalo de maneira gratuíta en calquera momento da tempada presentando o Libro de Familia na Oficina de Abonados de Balaídos. Consulta o detalle das condicións do Carne Miudiño nestas faqs.

Que documentación debo ter a man para renovar?
O teu carné de abonado da tempada pasada e o teu DNI en vigor.

RENOVACIÓNS EN CAIXEIROS ABANCA

Que beneficios ten renovar o meu carné a través dos caixeiros de Abanca?
Os mesmos beneficios que se tramitas o teu abono online.

Como renovo o meu abono nos caixeiros Abanca?
Durante a semana do 17 de xuño todos os abonados recibirán no seu domicilio unha carta que inclúe dous recibos que se poderán utilizar para renovar o seu abono nos caixeiros Abanca. En cada un hai un código de barras que se deberá escanear no caixeiro automático, soamente débese utilizar un dos recibos. Un é unha renovación sinxela, a outra é renovación con camiseta.

Por que hai dous recibos?
Un deles trátase da renovación básica, que soamente inclúe o importe da renovación do abono para a tempada 2019/20. O outro recibo inclúe a renovación máis unha camiseta da tempada 2019/20 rebaixada a PVP 67€. Só debes utilizar un. Se utilizas o de renovación + camiseta recibirás na túa casa o Pack de Benvida cun vale para retirar a camiseta na tenda de A Sede ou de Abanca Balaídos.

Non se me dá moi ben usar os caixeiros, É un proceso complicado?
Simplemente debes seleccionar a opción de “Pago de Recibos” e seguir as instrucións da pantalla. En caso de calquera dúbida, pide axuda ao persoal da oficina de Abanca, que che asistirá para facilitar o pago.

E como pago no caixeiro?
Podes pagar con tarxeta de débito/crédito de calquera entidade ou en efectivo. Recibirás un comprobante da operación no mesmo caixeiro.

E o carné e os descontos?
Non te preocupes. Recibirás un Pack de Benvida na túa casa na seguinte semana despois de tramitar a operación. Se es beneficiario dalgún desconto gozaralo igualmente.

Que prazo teño para renovar o meu abono nos caixeiros de Abanca?
Desde o 20 de xuño ata o 19 de xullo.

RENOVACIÓN EN TAQUILLAS


Podo tramitar o meu abono na Oficina de Abonados de Abanca Balaídos?
Esta tempada queremos fomentar o uso da canle online e caixeiros Abanca para a tramitación do abono. Aínda así, a Oficina de Abonados estará aberta en horario de 09 a 15 para atender todas as dúbidas, consultas ou incidencias do abonado

Cal é o horario da oficina de abonados do estadio Abanca Balaídos?
De 09 a 15 horas para atender dúbidas, consultas ou incidencias.

0 comentarios:

Publicar un comentario