O Celta resposta as dúbidas dos abonados de Marcador


A campaña de abonados lánzase sen que os socios da bancada de Marcador saiban con certeza que vai pasar con eles. O clube responde as súas dúbidas nas FAQ da campaña de abonados, sen aclarar demasiado. Isto é o que di o club na web que habilitou para lanzar a campaña: 

Cando comezarán as obras da bancada de Marcador / Fondo?
Descoñecémolo. O club está aínda á espera de recibir información sobre os prazos previstos para a obra.

Son socio de Marcador, teño que escoller un novo asento no estadio?
De momento non. Descoñecemos os prazos da obra pública xestionada polo Concello de Vigo. No momento de arranque da obra comunicarase aos abonados de Marcador que deben pasar pola Oficina de Abonados a escoller un novo asento.

Son socio de Marcador e vou renovar. Aínda así hai risco de quedarme sen butaca no estadio unha vez iniciada a obra?
Non, calculamos o número de afectados pola futura obra para que en ningún caso quede un abonado de Marcador sen butaca no estadio.

0 comentarios:

Publicar un comentario