Remata a tempada para o Celta e tamén para
o'VAR. Logo de tanto sufrimento, Anselmo e Bieito necesitan osíxeno,
transfusións e todas esas cousas de vellos, así que se tomarán un
merecido descanso no Cunqueiro. Agora chega o tempo das renovacións e
das fichaxes. Agardamos que Bacariza non lle venda a páxina a un chinés
porque, sen dúbida, farían mellores tiras que as nosas.
Aproveitamos
tamén esta despedida para darvos as grazas a todos. Grazas por estar
aí. Grazas por todos os comentarios que escribides (e tamén polos que
non escribides). Grazas polo apoio que nos mostrades semana a semana.
Sodes a mellor afección da Liga, o noso "Xogador 12".
Ata loguiño ;)
Guion: RE
Debuxo: DAVIDA
Agradecementos: Arantxa Davos (deseño gráfico), Marcos Bacariza (moiceleste)
ovarceleste@gmail.com
0 comments:
Publicar un comentario