Sergio: "A primeira opción sempre é seguir no Celta"


Sergio falou, entre outros asuntos, do seu futuro no Celta nunha entrevista concedia a La Voz de Galicia, á que podedes acceder para ver na súa totalidade premendo neste link.  O de Catoira remata contrato o 30 de xuño, pero o Celta ten a opción de ampliar a súa vinculación un ano máis. 

O gardamallas celeste explica que “hai que falar e chegar a un acordo. A primeira opción sempre é seguir aquí, pero haberá que falar co club”, e engade que “levo traballando moitos anos, pelexando por este escudo, creo que cada día o fago. Estar aquí para min significa moito, estar pelexando por seguir en Primeira, oxalá poida seguir ese vínculo que para min sería un pracer. Síntome orgulloso de levar este escudo e defender esta camiseta”, sinala. 

O de Catoira nega que teña ofertas concretas e prefire agardar a que remate o curso para valorar calquer opción: “Hai clubes que chaman para interesarse pola miña situación, pero iso é normal. O que teño claro é que ata que cumpramos o obxectivo de pechar a permanencia non vou facer nada. O primeiro que vou facer é falar co Celta e despois xa se verá”, conclúe sobre este asunto. 

0 comentarios:

Publicar un comentario