Imonos Facer un Melendi


Foto: Marca
Non podo atopar mellor definición a esta tempada.
Iso é o que pasa, que uno de cando en vez ten outros plans. E ás veces sáenlle mal. Sobre todo se non se está ao que se ten que estar.
A vida ponche no sitio en canto pode.
Dous sopapos, e para casa.

O artista chamado  Melendi deixou as drogas e converteuse nun  refrito  bastardo de  Perales.  Sen a súa gravata e sen a súa cara  lángida.  Un sucedáneo  pastoso e  tatutado.
Quería  Melendi  parecerese a  Perales? Non creo. Pero escoitar un traballo do asturiano ao día de hoxe é un sublime exercicio de piedade. Ou de puro masoquismo. Tiñamos a  Perales, coas súas casiñas colgadas de Cuenca, o seu  veleiriño chamado liberdade., o seu ' que canten os nenos'...
Orixinal.
Unico.
Para gustos, si... pero xenuino.

Pero chegou  Melendi, empeñado en facer vida sá.
Melendi, tatuouse iso de 'drogas non'.  E cascouna. E nese proceso convertíuse nun Perales de furancho.
Melendi púxose o disfrace de compositor serio e esqueceuse de onde viña. E cal era o principal motivo polo que gustaba ao público: que era un  cachondo, divertido,  ocurrente... e bo músico ademais.
Se deixar as drogas foi o detonante, eu mesmo levaríalle unhas cantas plantas de Marihuana. Aínda que fose só pola saúde mental dos que de tanto en canto sufrimos as súas 'composicións' actuais.

Ao Celta pasoulle o mesmo.
Alguén esqueceu convintemente en casa Celta que o Celta era un club de fútbol. Que era iso, non un  refrito  bastardo dun fondo de investimento. Non era unha escusa para montarse un tingladiño tipo Forex.
O Celta era o motivo. A causa centro-primeira. Tamén o esqueceron. Quixeron facelo.
E con máis e máis cousas.
Que os experimentos co que dá para comer, non saen ben case nunca.
Que tiñamos aos nosos canteiráns, o noso modelo de traballo. A nosa humildade e a nosa xente. A nosa maneira de entender o fútbol.
Que non facía falta tocar case nada, que só había que dar continuidade ao necesario.
Alguén  tivo amnesia en casa Celta  e non quixo lembrar que os equipos se fan traballando e sufrindo.
Traballar, sufrir.
Currar.
Non pediamos moito.
Seguir coa nosa droga de sempre, os partidos coma se non houbese un mañá, fé en Deus e ferro a fondo, e seguir tocando a mesmas melodías.
Seguir facendo versos en fútbol.
Traballar os partidos, xogar ben, gañar todo o posible, deixar o sangue ata o minuto noventa e tantos, e independentemente do resultado sentirse orgulloso e volverse tranquilo a casa se se perdía.
Afouteza, hostia.
Non era tan dificil.
Pero chegou o ego dos dirixentes. E o aroma erótico e etílico do  vil metal.
Os dirixentes - co presidente á cabeza - que non estaban dispostos a ter a alguén dirixindo o barco que non fose '  modelable ' e que instaurase un sistema de valores propio.
Dende aí, nosa deriva.
Pero que alguén máis puidese tocar o xoguete causaba calafríos.
Berizzo que estás nos ceos.

Alguén  quixo esquecer, moi convintemente,  que o  futbol  -a pesar de todo, e a pesar de quen lle pese - non é unha forma de negocio que teña como única escusa o  pelotazo económico. Se non que detrás hai uns afeccionados, cores, valores, sentimentos, identificacións ...
Que detrás dun club están quen sente representados e representantes: A afección.
Que un e o outro se necesitan tanto como o sangue e o corazón.
Alguén quixo esquecer que o que este club logrou ata agora é cuestión de todos. Non só dun ou duns poucos.
Alguén tivo a amnesia confiada de pensar que se podía  trivializar co traballo de profesionais,  poniéndo todo isto por baixo de ideas felices  e  corazonadas caprichosas. E todo en aras, de novo, a dar ' o novo gran golpe económico '.
Só o diñeiro.
O diñeiro e nada máis.
"Celtismo" e "fondo de investimento" non son sinónimos.
"Celtismo" e " Pelotazo económico" tampouco o son.
O Celtismo non é un  powerpoint,  nin unha folla de cálculo. Non é un balance de ingresos nin gastos.
O Celtismo son valores.
O Celtismo é unha maneira de entender o fútbol.
Pero iso a eles deulles igual
Iso non o queren entender.
Diñeiro e só diñeiro. Esquecéronse, non quixeron, falar de competición. Non quixeron nada diso. Era secundario.
Péla e só péla
Volvéronse tolos. A súa avaricia fíxolles  desmemoriar todo o sufrido.
Para eles somos unha escusa. Unha pantomima.
Todo iso que a directiva, co presidente á cabeza preferiu converter nunha folla de  excel.
Compro por catro, vendo por cincuenta, tiro catorce ao lixo, compro por seis vendo por trinta e tiro por que me toca.
Para eles ese É o xogo. 

E desmemoriando todo o mencionado anteriormente, así nos foi esta tempada.

Imos facer un  Melendi en toda regra se non se opera algún tipo de milagre. Quixeron ser os compositores da nada europea e imos ser os  Perales da segunda división cantando aquilo de ' E marchouse, e ao seu barco chamoulle liberdade'
Pero para eles, o diñeiro xustifica todo.
E os seus soños  económico  egocentristas acabarémolos pagando os de sempre.
Van xogar ao medievo cos nosos cus, coas nosas ilusións. Mentres se poñen  palotes mirando as contas de resultados económicos.
Eles van ter un bo consolo.
Nós non.

0 comentarios:

Publicar un comentario