Down Galicia premia o labor da Fundación Celta Integra


A Fundación Celta Integra foi distinguida pola asociación Down Galicia por promover a práctica deportiva inclusiva das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual. O galardón será entregado o próximo 21 de marzo no Teatro Salesianos durante a IV edición dos Premios Down Galicia, unha gala que enmárcase dentro dos actos conmemorativos do Día Mundial da síndrome de Down e o 30 aniversario da Asociación Down Vigo.

Estes premios foron creados coa finalidade de recoñecer publicamente a diferentes persoas e institucións que realizan un labor solidario desinteresada procurando a inclusión social no ámbito da discapacidade.

Fundación Celta Integra é unha iniciativa posta en marcha pola Fundación Celta. O equipo, que conta actualmente con 25 xogadores, participa de maneira asidua en torneos da Federación Galega de Deporte Adaptado e en LaLiga Genuine, unha competición a nivel nacional na que finalizaron subcampións a pasada tempada.

Nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario