Os abonados celestes poden solicitar o cambio de asento ata este venres


O RC Celta pon en marcha esta semana unha nova campaña de cambio de asento no estadio ABANCA Balaídos para os seus abonados, que terán ata o venres ás 20.00 horas para realizar esta xestión.

Aqueles que queiran realizar un cambio de butaca terán que presentar nos despachos de billetes do estadio o seu carné de abonado. No caso de que o titular non poida desprazarse para realizar esta xestión, poderá delegar noutra persoa sempre que presente o DNI e o carné do abonado, ademais dunha autorización por escrito para realizar o cambio.

O horario das billeteiras do estadio é de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00  20.00 horas.

Nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario