El Celta llama a la unidad para lograr la victoria ante el Levante


Foto: RC Celta
El Celta ha emitido un comunicado esta tarde en el que resalta el apoyo de la afición como una de las claves para lograr la victoria mañana ante el Levante. 


Xornada clave para o RC Celta. Este sábado recibe a un Levante situado tres puntos por encima, décimo cuarto na táboa. Xornada clave na que os rivais directos do equipo de Miguel Cardoso afrontan partidos de máxima dificultade.

A afección celeste non só é consciente da importancia de gañar o encontro ante o Levante, tamén o é do enorme peso que para a consecución deste obxectivo ten o seu apoio.

É por iso que a totalidade das peñas celestes alentarán desde o primeiro instante ao conxunto celeste e a afección empuxará ao equipo cara á vitoria. Así ocorreu no anterior partido en Balaídos ante o Sevilla, no que chegou un triunfo necesario tras un longo periodo de derrotas coa bancada salvagardando a valiosa vitoria.

Demostrouse en numerosas ocasións: xuntos somos máis fortes, xuntos non hai nada imposible. Mañá volverá quedar patente.

0 comentarios:

Publicar un comentario