Os canteirán Robert Carril e César Fernández voltan coa selección sub-15


Foto: RC Celta
Profunda ledicia no RC Celta e a Fundación pola convocatoria do porteiro César Fernández e o centrocampista Robert Carril coa Selección Española Sub-15 para o prestixioso Torneo Pinatar Area que se disputará en San Pedro del Pinatar (Murcia), do 29 de xaneiro ao 4 de febreiro.

Ambos futbolistas, que pertencen ao RC Celta Cadete A, xa foron citados esta tempada para dous adestramentos oficiais co combinado nacional en Las Rozas. Ademais, en decembro disputaron o Torneo Sportchain AGS CUP, do que saíron campións.

Esta nova convocatoria premia o esforzo e o traballo que Fundación e club realizan desde hai anos na formación de xogadores na Madroa.

CALENDARIO

Os partidos celebraranse nas instalacións de Pinatar Area (San Pedro del Pinatar)

30.01.19 – 14.00 h. España / Rep. Irlanda

01.02.19 – 14.00 h. España / Hungría

03.02.19 – 14.00 h. Países Baixos / España


0 comentarios:

Publicar un comentario