Fran Beltrán abriu un interesante camiño co seu uso do galego nas redes sociais. Despois de varios meses como xogador do Celta xa case non é noticia que use o idioma de Rosalía e Castelao para dirixirse á afección a través das súas contas nas redes sociais.
Non é o único. O último fichaxe do Celta, Sergio Bermejo, que chega para reforzar ao filial, tamén quixo explorar o idioma galego para agradecer ó Celta a confianza depositada nel na súa primeira mensaxe como xogador celeste: “En primeiro lugar darlle as grazas ó Celta por confiar en min, espero devolverlla con moito traballo. Isto só é o comezo dun longo camiño que afronto con moitas ganas e ilusión. Afouteza e Corazón".
0 comments:
Publicar un comentario