O canteirán David Vilán repite nunha convocatoria coa Sub-16


Foto: RC Celta
Enorme e profunda ledicia no RC Celta e a Fundación pola convocatoria do cadete David Vilán coa Selección Española Sub-16 para uns adestramentos oficiais que se celebrarán entre os días 10 e 12 de decembro na Cidade do Fútbol de Las Rozas.

O canteirán celeste repite concentración por terceira vez no que vai de tempada tras ser citado en setembro e novembro. Esta nova convocatoria refrenda o traballo e o esforzo do club e a Fundación na formación de xogadores na Madroa.

Nota de prensa

0 comments:

Publicar un comentario