Xapón empápase do modelo de xogo do Celta


O método deo RC Celta no traballo da súa canteira traspasa fronteiras e chega de novo ata Xapón. O coordinador das categorías inferiores do clube, Álex Otero, e o responsable da metodoloxía do RC Celta, Eduardo Covelo, están esta semana no país asiático impartindo charlas e dirixindo adestramentos co JEF United, equipo da segunda división xaponesa co que o RC Celta mantén un acordo de colaboración.

É o segundo ano consecutivo no que se realiza esta acción formativa. Como parte do convenio que existe entre ambos clubes, cinco xogadores do JEF United adestrarán en A Madroa durante duas semanas.

Nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario