Fran Beltrán abraza o galego



Fran Beltrán chegou a Vigo este verán procedente do Rayo Vallecano. Non tiña ningunha vinculación previa co Celta nin con Galicia, pero a súa adaptación ó equipo, que sorprendeu dende o primeiro momento, tamén a está levando a cabo nas redes sociais, onde é habitual que postee en galego. 

Esta semana, tra-la derrota perante ao Sevilla, escribiu un tuit de ánimo para o celtismo en galego: “En Galicia hai máis de cen formas para designar a choiva, pero todas elas escampan”, rezaba a mensaxe do xogador madrileño, que amosa que os idiomas están para unir e non para separar, como moitos pretenden facernos crer. 

A integración a un clube e a unha cidade tamén pasa por achegarse ó idioma, ainda que, no seu caso, seguramente non sexa necesario para desenrolar a súa profesión. Beltrán sabe algo que outros tal vez ignoran e por eso ten moita vantaxa na súa relación co seareiro, co entorno, e tamén co fútbol. 

0 comentarios:

Publicar un comentario