O Celta homenaxea este luns ao regatista vigués Nicolás Rodríguez


O RC Celta e a súa Fundación renderán homenaxe o vindeiro luns en ABANCA Balaídos antes do partido ante o Getafe ao regatista vigués Nicolás Rodríguez, quen logrou a medalla de bronce na modalidade de 470 no Mundial de Dinamarca celebrado o pasado mes de agosto. Con este logro certificou ademais a súa clasificación para os Xogos Olímpiicos de Tokio 2020.

Nicolas Rodríguez, recoñecido celtista, recibirá sobre o céspede, antes do comezo do partido, unha camiseta asinada polo plantel do RC Celta de mans do vicepresidente Ricardo Barros e do director da Fundación Celta Germán Arteta.

Nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario