o'VAR 025




Arrincamos outra tempada coas tiras de o'VAR de moiceleste. Tras unha dura negociación con Bacariza, o'VAR renova por un ano máis cunha cláusula de rescisión de tres quilos de percebes.

Logo dun verán de luxos, Anselmo e Bieito volven ao bar de sempre para comentar o máis destacado deste novo Celta. Moitos cambios, nomes novos e un novo estilo: o de Toni Mohamed.

Agardamos que a nosa tempada non se vos faga tan longa e eslamiada como o aniño con Unzué. Un saúdo a todos e moitas grazas por estar aí!


18/08/2018
LIGA
Celta - Espanyol (1-1)
Guion: RE
Debuxo: DAVIDA
Agradecementos: Arantxa Davos (deseño gráfico), Marcos Bacariza (moiceleste)
ovarceleste@gmail.com








0 comentarios:

Publicar un comentario