Fantástica noticia para o RC Celta, A súa Fundación e a afección. A canteira celeste continúa crecendo, mellorando e recibindo recoñecementos. Tres xogadores das categorías inferiores celestes foron convocados pola Selección Española Sub-15, que disputará o sábado 9 de xuño ás 12:00 horas un torneo en Valdebebas.
Miguel, Damián e David, futbolistas de categoría cadete do RC Celta, formán parte da convocatoria, de 18 xogadores, do seleccionador David Gordo para o XII Torneo Miguel Malbo, no que se enfrontarán o combinado nacional e o Real Madrid cadete. A selección concentrarase o venres 7 de xuño en Madrid.
Damián Rodríguez Sousa (17/03/2003; Ponteareas) forma parte do Cadete División de Honra do RC Celta, onde xpga de medio centro. Leva no club celeste desde a tempada 2011/2012.
Miguel Rodríguez Vidal (29/04/2003; Redondela, é dianteiro do cadete DH e chegou ao Celta na tempada 2013/2014.
David Vilán Alonso (08/03/2003; Soutomaior xoga de extremo no Cadete Liga Galega e leva no club desde a tempada 2014/2015.
Nota de prensa
0 comments:
Publicar un comentario