Sergio: "Non se lle pode reprochar nada ao equipo"


Foto: LFP
Sergio falou ó remate dos encontros para o Celta, facendo unha valoración do partido, e destacando o bo rendemento do seu equipo: “Non se lle pode reprochar nada ao equipo. Tanto na primeira como na segunda parte fixo un gran partido, tendo ocasión s e ao final non fomos capaces de conseguir un gol. Eles en 2 chegadas marcaron un gol. Unha pena que se merchen estes tres puntos de Balaídos”, suliñou o de Catoira. 

O canteirán incidiu no xogo do equipo: “Creo que hoxe foi un gran partido de todo o equipo, en todo momento dominamos a todo un Atlético. Non olvidemos que é un gran equipo, e que está a facer unha gran tempada. Tivémolo case todo o partido no seu campo e iso non é doado. Hai que estar orgullosos do que fixo hoxe o equipo e seguir traballando”, apuntou. 

Tamén tivo palabras de agradecemento para a afección: “Hai que seguir nesta liña, vendo tamén que a afección apoia, veu e apoiounos a pesar de todo o que pasou esta semana co campo, e ao final do partido, a pesar da derrota, deunos esos ánimos que significa que o equipo tamén os representa e deu a cara hoxe”, concluiu. 

0 comentarios:

Publicar un comentario