A Fundación Celta colabora con material deportivo no Salvador


A escola do barrio da Chacra en San Salvador recibiron a pasada semana material deportivo do RC Celta doado pola Fundación Celta de Vigo. Este material correspondente ás categorías inferiores foi entregado aos participantes desta escola, situada nun dos barrios máis deprimidos da capital salvadoreña.
Esta colaboración foi recibida con enorme ilusión tanto polos máis pequenos como polos seus adestradores. En concreto, un deles enviou unha carta de agradecemento ao club e a súa fundación pola colaboración realizada:
“Son Nico e escribo desde O Salvador. Aquí mando algunhas fotos dalgúns dos mozos cos que estou a botar unha man, son do barrio da Chacra, o barrio máis  conflitivo e empobrecido de San Salvador. O sacar a estes nenos da rúa é fundamental para que non se metan en cuadrillas e non se dediquen a delinquir, e co fútbol pois imos conseguindo cousas sobre todo en materia de prevención. 
Chámolles cariñosamente o Real Club Celta da Chacra. Para o meu é motivo de orgullo poder traer ao Celta ata aquí e quero agradecer á Fundación Celta toda a axuda que nos deu, como se pode ver isto dálle moito sentido ao voso traballo. Os nenos quedaron felices ao ver os uniformes que lles trouxen, para eles é algo que nunca esquecerán e nunca se poderían permitir e por suposto agora son todos do Celta.
Ver as caras de felicidade que teñen é para que todos sintamos moi alegres e déalle sentido ao labor que facemos con eles. É tanta a necesidade aquí que con moi pouco pódese facer moito”.
Nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario