![]() |
O dianteiro do Celta recibe o premio como mellor xogador de Segunda B. |
O compostelán Borja Iglesias fará a pretempada co primeiro equipo. Confirmouno o propio xogador ante as cámaras da TVG: “Eu falei con Unzué e falamos de que saía algo interesante para todos pensaríamos en tomar unha decisión que nos parecerá boa a todos, pero día de hoxe a intención é seguir no Celta”, suliñou o dianteiro céltico, que rematou o curso con 34 goles.
Unzué vaille dar unha oportunidad, pero terá que demostra-la súa valía no verán: “Falei con él e díxome que lle gustaría verme, que son un xogador interesante para él. A partir do que pase na pretempada tomaría unha decisión”, explica o xogador, ao tempo que lembra que a súa etapa no Celta B rematou.
Borja Iglesias completou unha gran tempada no filial, e iso fai que apareza nas quinielas para reforzar a varios equipos. Media Segunda División, e algún equipo de Primeira pensan nel para o vindeiro curso, pero de momento quere explorar as opcións de poder triunfar no Celta.
0 comments:
Publicar un comentario