[Moiceleste Tv] Air Beauvue: O retorno


Foto: Marca
A pasada semana deixounos a boa nova da recuperación de Claudio Beauvue. O internacional por Guadalupe volta a estar dispoñible para Berizzo despois de 10 duros meses de recuperación da súa lesión, e chega nun momento no que pode ser moi útil para o Celta. Pouco puido demostrar durante os primeiros meses en Vigo, pero agora está en condicións de amosar o porqué da inversión realizada polo Celta hai un ano.

0 comentarios:

Publicar un comentario