Cometas no Ceo


Foto: Miguel Riopa/Getty Images
Haberá quen pense que o touro pasado é moito máis fácil facer algún tipo de avaliación ou reflexión. E non deixa de ter razón, pero este artigo non pretende una analise ventaxista. Este artigo non é unha avaliación do equipo, senón unha reflexión para a afección. Dun afeccionado  os outros. Non ten maior obxectivo nin pretende ir máis alá.
En calquera caso, con cada partido xa finiquitado remata o momento do esforzo físico e da táctica e empeza un período de reflexión que sempre é importante. Que ninguén pense que as próximas vitorias non van ter como xénese algunha derrota presente ou pasada . Só a través dunha derrota un pode realmente aprender dos seus erros e convertelos en virtudes cara ó futuro.
Cabral dicía esta mañá que se pode seguir soñando na Europa League. Eu atrévome a matizar da frase. Debemos seguir soñando. Na adversidade é cando realmente esta afección históricamente estivo máis vinculado ao equipo.  Estou seguro que esta vez non vai ser menos. Nin antes eramos tan bós como algúns querían facernos ver nin agora somos tan malos como outros están a intentar vender. Sei que algunhas veces é difícil atopar folgos para animar a un equipo. E unha tarefa complicada con tanta información manipulada e tanta controversia. Moitas veces enxendrada por  algún 'xornalista' ( as comillas son unha xenerosidade, a miña boa acción do día)  que mancilla a profesión cando exerce de noxento 'hooligan' ou bufandero en determinados medios da capital.  Tamén iso e parte do post - xogo, ¿Por qué? ... Sinxelo: porque interesa.

A fin de contas, vivimos nun estado onde vende más libros Belén Esteban que Mario Vargas Llosa.
A adversidade é un estado propio ao fútbol, inherente ao xogo, interesante mesmo dende o punto de vista psicolóxico.  E ahí  é onde debemos estar a afección, proporcionando un intento de inflexión ou un matiz diferencial.  O celtismo non entende de baixar os brazos, non entende de deixarse vencer, non entende de imposibles. O celtismo debe saber que a adversidade é só un banzo e non un muro infranqueable. Debemos creer para poder chegar. Quen non imaxina a viaxe nunca empeza a percorrer o camiño.
Dicíao o propio Winston Churchill: As cometas elévanse máis alto en contra do vento, non ao seu favor. 
Quizá este equipo -que fixo un mes de xaneiro a tan absolutamente impresionante- necesite durante este mes de febreiro que a súa afección entenda que o límite entre o ben e o mal márcao o alento do afeccionado. Por iso probablemente necesitemos creer que se pode, e que o noso alento e apoio non deixará de ser visible e ceibe…  como unha cometa ondeando e bailando no ceo.

Un ceo evidentemente azul celeste.

0 comentarios:

Publicar un comentario