Foto: JES | @esejes |
Como cada ano estiven na "xunta de accionistas" do Celta que se celebrou onte no auditorio "Mar de Vigo" e tratei de seguir a tradición de facer estes videos para os que non puidéchedes estar.
Convén, coma sempre, lembrar que estes vídeos non están editados, que gravo ao que se move e que simplemente son publicados tal cal foron gravados ca miña cámara de fotos dende o meu sitio na bancada do auditorio.
Para empezar temos un vídeo da intervención da directora financeira, María José Hervón, que nos explicou as contas do club para o seu exame e aprobación do exercicio da tempada 2015-2016.
Logo, María José Hervón, fixo outra presentación sobre o orzamento desta tempada 2016-17 pero non o gravei :-(
A continuación Felipe Miñambres, director deportivo, presentou a "situación deportiva":
Logo pasamos aos famosos rogos e preguntas, gravei algunhas intervencións pero imposible gravar todas.
Reyes da peña "Terra Celeste"
Amador da peña "Jorge Otero"
E isto é todo o que conseguín gravar e subir a "youtube". Espero que resultase do teu interese. Dende a miña opinión, as xuntas de accionistas do Celta están moi ben porque é a maneira de decatarche de moitas cousas de primeira man e de forma directa, preguntar dúbidas ou dar queixas. Xa sei que moita xente non o entende, pero non me importa, se fago isto é para os que como ti, que acabas de ver estes vídeos, vívelo coma eu, e dás sentido ao lema: "só ti podes entendelo" ;-)
Seguir @esejes
0 comments:
Publicar un comentario