O Colectivo Nós celebra o seu III aniversario cunha festa para o celtismo


O cartel da festa
O colectivo Nós está de aniversario e celebrarao por todo o alto o vindeiro venres 11 de novembro. Será o seu III aniversario dende que o 16 de setembro de 2013 nunha asamblea no Parque de Castrelos asentarán os alicerces deste proxecto que medra cada tempada, acadando xa o centenar de membros no presente curso. 

Para celebralo organizan unha feste e concerto no local O Trilobite Laranxa (antigo Marexada), que podedes atopar na rúa Teófilo Llorente 43 de Vigo. A festa arrincará ás 22:00 e actuarán Acaracán (Marín) e Rasca & Pica (Vigo), dous proxectos musicáis galegos diferentes pero co nexo común da sua posta en escena acústica.

Durante a festa haberá tempo para recitar uns poemas e para celebrar un sorteo entre tódolos asistentes: camisola oficial asinada polos xogadores do Celta, pack de Cervexa Artesanal Nós, bufandas, etc. O prezo das entradas é de só 3 euros cunha consumición incluida.

0 comments:

Publicar un comentario