Carta aberta a Carlos Mouriño, Por Suso García Novoa


Foto: Lalo R. Villar
Suso García Novoa é una aficionado e abonado do Celta que decidiu escribir unha carta aberta a Carlos Mouriño, que xa foi publicada polo Faro de Vigo na sección “Cartas ao director”, e que tamén está interesado en que divulguemos nesta web. 


CARTA ABERTA Ó SEÑOR MOURIÑO PRESIDENTE DO CELTA

O mércoles, cando iba para Balaídos ó futbol, escoitei alarmado o que dicían algúns comentaristas na radio sobre que o accionista maioritario do Celta podía ter pechada a venda das súas accións e polo tanto do goberno do club.

De seguido púxenme a pensar que si Mouriño quere desfacerse das súas accións, que mellor que venderllas ós afeccionados (abonados, peñistas e xente que ame o celtismo).

Imos ver, según datos da última memoria dispoñibel (2014-2015), o Celta ten 377.021 accións cun valor nominal de 10 euros a acción, das cales o grupo maioritario ten o 52,26% co que me sae que ten 197.000 títulos (cen arriba, cen abaixo), que se supón que son os títulos que hipotéticamente se venden.

Como a sociedade anónima deportiva Celta de Vigo non cotiza en Bolsa, o valor de mercado é difícil de establecer, aínda que é superior o valor nominal antes mencionado, xa que probablemente se axustase cando se reduciu o capital social para adaptalo a realidade patrimonial por esixencia do concurso de acreedores. Aínda que si podería valer de referencia o prezo que centos de persoas lle pagamos a Fernando Sales polos seus títulos: a 30 euros a acción.

As contas son boas de botar, 30 euros por acción para comprar 197.000 títulos entre 22.000 afeccionados da un promedio de nove accións.

Con iso conseguiríamos que o patrimonio do club quedara nas nosas mans.

Si, xa sei que o grupo de accionistas maioritario era en 2015 acreedor (según o informe económico) de 8 millóns de euros (cando se presenten as contas deste exercicio saberemos si baixou algo esa cifra), aspecto este que se podería resolver cun compromiso de pago a dous anos tendo en conta a capacidade de xenerar recursos e beneficios que ten o Celta nos últimos exercicios. De feito este exercicio poderiase facer unha amortización importante ó meu ver.

Tamén sei a dificultade de gobernar unha sociedade mercantil cun fracionamento tan grande de capital. Aínda que a asamblea de accionistas podería elexir un consello de administración onde se combinaran persoas que aportaran un aval importante para responder, no seu caso, de responsabilidades patrimoniais con outras de recoñecida traxectoria intelectual, científica, cultural ou social (poden cumplir eses requisitos, poñamos por caso, algún articulista semanal do Celta neste periódico ou algunha muller do actual consello).

Nos primeiros tempos poderiase establecer un compromiso ético de nomear un xerente executivo profesional (cun perfil similar ó actual director xeral) para manter a xestión operativa e evitar que grupos con menos do 10% do capital controlen de facto o club.

Celtistas, non nos esquezamos que o Celta, aínda que é unha sociedade anónima (deportiva) non ten nada que ver cunha empresa ó uso, xa que os seus activos principais son os afeccionados e os xogadores, e sin eles non vale case que nada.

O día que os afeccionados só sirvamos para facer de decorado na bancada para saír ben nos planos na televisión, eu deixarei de ir ó futbol.

Señores afeccionados do Celta, manteñamos grande este equipo.

Señor Mouriño quédese, pído-llo de corazón. Pero si vende as súas accións, deixe que os celtistas decidamos o noso futuro e acórdese das mostras de cariño que recebeu nos últimos anos.

Suso García Nóvoa. Abonado no 3.837

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada