Riazor será o esceario dun amigable entre o Celta e o Deportivo dos anos noventa


Segundo informou “Galicia en Goles”, o popular programa de deportes da Radio Galega, o vindeiro 16 de setembro estase preparando un enfrontamento entre os xogadores que formaban parte do Euro Celta, de finais dos anos noventa, e o Superdepor, que tamén fixo historia na mesma década. 

Un partido moi interesante e atractivo para os siareiros de ambolos dous equipos. De momento non se concretaron máis detalles sobre o mesmo, aínda que será un bo reclamo para os máis nostálxicos, ávidos de voltar a ver sobre o céspede ós que foron os seus ídolos. 

0 comentarios:

Publicar un comentario