A Federación de Peñas organiza unha viaxe a Madrid


Cartel da Federación de Peñas

A Federación de peñas anunciou este venres a organización dunha viaxe con aloxamento para o partido que enfrontará a Madrid e Celta o vindeiro 27 de agosto no Estadio Santiago Bernabéu da capital española. A saída está programada para a mañá do mesmo sábado, as 07:00 dende o Estadio de Balaídos, mentras que a volta está prevista para o domingo 28 de agosto ás 17:00. O paquete inclúe viaxe en autobús, unha noite de hotel, almorzo e seguro de viaxe. 

Os prezos serán de 80€ para peñistas, e 90€ para aboados do Celta. A Federación de peñas advirte que o último día para reservar prazas para a viaxe será o 19 de agosto, ou cando se esgoten as prazas. 

0 comentarios:

Publicar un comentario