O Real Valladolid, de Paco Herrera, quere fichar a Álex López


Foto: Xoan Carlos Gil
O Real Valladolid é un dos clubes que pretende fichar a Álex López, algo confirmado polo propio xogador, que en declaracións á TVG admitiu o interese dos casteláns, agora adestrados por Paco Herrera, que ocupou o banquiño vigués entre 2010 e 2013. 

A idea do ferrolán é a de xogar en Primeira, se pode ser no Celta: “Podería axudar ao equipo, sempre foi a miña idea. Son decisións que non dependen de un, e só toca agardar”, suliñou o xogador céltico, que o vindeiro 4 de xullo debe presentarse na Madroa, aínda que está pendente da decisión que toma o clube sobre él. 

Ofertas non faltan. Sheffield Wednesday, Real Valladolid e algún outro club español xa preguntaron por él. Sobre o actual técnico branco e violeta só ten palabras de agradecemento pero, iso sí, recoñece que a súa prioridade é xogar na máxima categoría: “É un adestrador que coñezco, como o meu pai futbolístico, pero a miña primeira idea é xogar en Primeira División”, matizou. 

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada