Goldar e Jordan explican os motivos da súa saída


Foto: Ricardo Grobas
David Goldar e Jordan foron dúas das baixas do filial máis lamentadas por gran parte dos siareiros celestes. Este mércores, La Voz de Galicia, publica declaraciós de ambolos dous xogadores, nas que explican os motivos polos que non seguen no Celta: “Foi unha decisión difícil pero ben meditada. Tiña dous anos máis de contrato co primeiro equipo. O Celta presentoume unha oferta para o filial coa cal non chegamos a un acordo. A miña intención é ser futbolista profesional e gustaríame que fose no Celta, pero se aquí non se dan as condicións, é o momento de buscalas fórma da miña casa”, explicaba David Goldar. 

O defensa céltico formou parte daquel fantástico equipo que xogou a final da Copa de campións en xuño de 2013: “Estou fastidiado porque deixo unha parte da miña vida e para min é imposible despedirme”, suliña o de Portas, que compartía equipo naquel xuvenil con Jordan, outra das xoias dos últimos anos. 

Jordan prefire non entrar en detalles: “Da igual o tempo que tivera de contrato ou as condicións. O que conta é que non se chegou a un acordo e xa está, non hai que darlle máis voltas. Estaba no corte e por iso de mutuo acordo decidiuse a miña saída”. 

0 comments:

Publicar un comentario