Sergio: "O que estamos a vivir agora hai que desfrutalo"


Sergio Álvarez, porteiro do Celta, considerou a clasificación para a Europa League 2016-17 un “paso máis” no crecemento do clube, e apuntou que o obxectivo para a vindeira tempada debe ser manter ese crecemento, “sen volverse tolos”. 

“Esta tempada demos outro pasiño máis e a todo o mundo lle gusta vesrse aí arriba, pero debemos ter calma. A vindeira tempada tentaremos facelo o mellor posible, pero sen esquecerse de que a liga española é moi complicada, nin de onde vimos. Hai que seguir pasiño a pasiño”, suliñou o gardamallas gallego. 

Un crecemento que, a xuizo de Sergio, ven motivado pola “estabilidade social” e económica que acadou o club nos derradeiros anos, e pola aposta por unha filosofía de xogo: “Mante-la estructura do equipo e a filosofía de xogo foi clave, iso estase a ver, tanto a nivel de resultados como de xogo”, destacou o canteirán, que non se esquece dos momentos difíciles que pasaron na Segunda División, e do sufrimento vivido na Tempada 2012-13 para manterse en Primera: “Este club foi medrando pasiño a pasiño, non quixo dar pasos grandes para acadar obxectivos altos e despois ao mellor dar outro paso para atrás. o que estamos  a vivir agora hai que desfrutalo”, concluíu.

0 comentarios:

Publicar un comentario