O desconto estropeou a festa da selección galega


Foto: Cesar Quian / La Voz de Galicia
Un gol no desconto de Venezuela estropeou unha gran noite que non puido rematar con vitoria, a pesares de que a selección galega foi moi superior ó combinado caribeño, que aproveitou este partido para preparar a vindeira Copa América. Adiantouse Galicia cun gol de Iago Aspas aproveitando un rexeite do gardamallas visitante a disparo de Jota. 

Foi unha primeira parte de amplo dominio galego, cunha grande conexión entre Iago Aspas e Lucas Pérez. Inimigos nos clubes, e moi amigos coa selección. Arriba, Galicia tiña moita pólvora, con Denis Suárez, Fran Rico, e Jota Peleteiro comadando as operacións. Hugo Mallo foi titular como central, nun equipo que contaba cunha ampla presenza de xogadores do Celta. Sergio foi o porteiro na primeira metada, e xunto ao de Catoira estaban Jonny, Hugo Mallo e Iago Aspas. Na segunda metade tamén xogarían Alende e Pape Cheikh. 

Unha segunda metade moi semellante á primeira, con Galicia tocando demasiado. Aspas protagonizou a mellor ocasión, cun remate ó pau tras unha boa xogada individual. Producíronse moitos cambios, con varios xogadores que entraron ó campo, entre eles Pape Cheikh, que comezou xogando como lateral dereito e acabou xogando de mediocentro, deixando algún detalliño de calidade. 

Xa no desconto, o xogador do Torino, Josef Martínez, vinculado por certo ó Celta recentemente, empañou unha gran noite cun gol que deixaba o empate no marcador. Diego Mariño puido estar máis fino. 

En todo caso, festa fo fútbol galego, moi bo xogo e unha grande ilusión ó ver aos nosos desplegando un fútbol de calidade e demostrando que son moi competitivos.

0 comentarios:

Publicar un comentario