O céltico Alende únese á selección galega


Siguen sumándose novos xogadores á selección galega, debido ás ausencias de outros que non poden acudir a última hora. Neste caso é outro canteirán do Celta o que se unirá ó grupo que xogará mañá ante Venezuela. Trátase de Diego Alende, que foi chamado para cubri-las ausencias, e a quen xa puidemos ver na foto de grupo que fixeron os xogadores convocados para esta cita histórica. 

Diego Alende alternou o filial co primeiro equipo esta tempada, entrando en varias convocatorias e debutando co Celta en partido oficial. Viviu unha tempada para lembrar, que ademáis gardaba sorpresa ó remate da mesma coa convocatoria para o partido diante de Venezuela. 

0 comentarios:

Publicar un comentario