Chegou o momento da selección galega


Foto: Paco Rodríguez /La Voz de Galicia
Esta tarde, a partir das 20:30, voltará a selección galega, á que non vemos dende fai case oito anos, e farao cunha ampla representación do Celta, e da canteira da Madroa, entre os xogadores que representarán ó noso país diante de Venezuela, que aproveitará este encontro para preparar a Copa América que arrancará nuns días nos Estados Unidos. 

Riazor acollerá a volta da selección, nun partido que debe se-lo primeiro de moitos que veñan por diante nos vindeiros anos. Míchel Salgado e Fran debutarán como adestradores nun partido ó que acuden os xogadores sen adestrar xuntos prácticamente, ante un rival que se está tomando moi en serio o encontro, e que adestrou de mañá e tarde durante a semana. 

Non será doado derrotar a Venezuela, unha selección que mellorou moito nos últimos anos, e que presentará batalla en Rizor. Con todo, Galicia ten moito potencial, especialmente arriba con Iago Aspas e Lucas Pérez, e a bo seguro que será un equipo moi competitivo. O importante é desfrutar dunha selección que non coñece a derrota dende fai décadas, aínda que neste tipo de encontros, o resultado é o de menos. 

0 comentarios:

Publicar un comentario