O amigable que enfrontará ás seleccións de Galicia e Venezuela xa ten hora. Ata agora coñecíamos a data, o venres 20 de maio, pero a TVG anunciou este sábado que o encontro arrincará ás 20:30 e será emitido polo ente autonómico, como xa sucedera nos catro partidos que xogou a selección entre 2005 e 2008. O partido xogararse no estadio de Riazor.
Os adestradores do seleccionado galego serán Míchel Salgado e Fran, con pasado no Celta e no Deportivo respectivamente. Polo de agora non se anunciaron os convocados, aínda que se agarda que o Celta conte cunha ampla representación entre os xogadores elixidos.
0 comments:
Publicar un comentario