Fai o teu once ideal da selección galega


A Federación Galega de Fútbol ven de anunciar este sábado o regreso da selección galega de fútbol, que xogará un partido amigable ante Venezuela o vindeiro 20 de maio, nun estadio aínda non determinado. Tendo en conta os xogadores que poden ser seleccionados falaríamos dunha selección moi potente, e queremos contar coa vosa colaboración para facer o mellor equipo posible. 

Podedes facer unha convocatoria completa, con máis de 20 xogadores, ou simplemente o once inicial, que sen dúbida tería unha forte presencia celeste, con moitos xogadores pertencentes ao Celta na actualidade, ou formados na súa canteira. Rubén Blanco, Hugo Mallo, Jonny, Yelko Pino, Borja Fernández, Iago Aspas, Álex López, David Costas, Sergio Álvarez, xogadores que pertencen ao Celta actualmente, abofé que terían un sitio no equipo, pero tamén aqueles que tiveron que marchar de Vigo como Joselu, Denis Suárez, Yoel, Santi Mina, Túñez, ou algún outro dos que están espallados polo mundo enteiro. 

Tamén o Deportivo aportaría xogadores como Lucas Pérez, Insua, Juan Domínguez ou Álex Bergantiños, que tamén aportarían o seu a un equipo que, so cos nomes postos enriba da mesa sería moi competitivo. Pero o fútbol galego non se ciñe exclusivamente a estos nomes: Diego López, Jonathan Pereira, Roberto Trashorras, Diego Castro, Iago Falque, Carlos Pita… coas vosas respostas elaboraremos o equipo ideal galego, e ides ver que sería ben curioso e podería dar guerra nunha Eurocopa. 

P.D: Os irmáns Alcántara, ou Rodrigo Moreno, non deberían ser incluidos nesta lista por non ter nacido en Galicia, aínda que deixamos á vosa elección a inclusión ou non dalgún destes xogadores. 

0 comments:

Publicar un comentario