![]() |
Foto: Álvaro Ballesteros |
A Federación Galega de Fútbol ven de anunciar este sábado o regreso da selección galega de fútbol, que xogará un partido amigable ante Venezuela o vindeiro 20 de maio, nun estadio aínda non determinado. O evento debe ser unha festa do fútbol galego, e chegará tan só tres días despois do Día das Letras Galegas.
O rival será Venezuela, que estará preparando entón a súa participación na Copa América, e que pode xogar co ex céltico Andrés Túñez, nado en Bertamiráns. Xogadores como Lucas Pérez e Iago Aspas mostraron públicamente o seu desexo de xogar coa selección galega recentemente. O último partido da selección galega foi no nadal de 2008. Demasiado tempo agardando.
0 comments:
Publicar un comentario