A Fundación Celta continúa co seu exitoso programa ideado para achegar o celtismo a toda a contorna da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Nesta ocasión, no partido deste mércores ante o Vilarreal, Balaídos recibirá a través de "Eurorrexión Celeste" ao Concello Nigrán.
Entre os invitados atópanse integrantes de diversas entidades do concello, como o Centro de Diversidade Funcional Juan María, Bolos da Carrasca ou a Sociedade Cultural e Deportiva de Parada. Todos eles terán a oportunidade de coñecer de preto a historia do club realizando unha visita ao museo do Real Club Celta e posteriormente gozarán do atractivo encontro ante o Villarreal. En representación do concello de Nigrán asistirá o concelleiro de deporte Jose Luís Sanromán Román.
Ao longo desta tempada, máis de 600 persoas participaron xa desta iniciativa coa que se pretende divulgar e achegar o celtismo a todos os concellos da contorna, tanto cos que a Fundación Celta e o club manteñen xa unha relación de colaboración en materia deportiva e de formación, como co resto de localidades situadas nesta zona co obxectivo de fomentar o celtismo e achegar o club á afección.
Nota de prensa
0 comments:
Publicar un comentario