A Federación de Peñas organiza unha viaxe a Madrid


Foto: Denis Doyle
A Federación de Peñas do Real Club Celta organiza a viaxe a Madrid para o partido que enfrontará ó cadro vigués co Real Madrid. O partidos xogaráse o sábado 5 de marzo ás 16:00, e inclúe viaxe máis aloxamento. A saída terá lugar o sábado 5 á unha da madrugada dende o estadio de Balaídos, o regreso está previsto para as 16:00 do domingo. 

O prezo, como dicimos, inclúe Autobús, noite de hotel, almorzo e seguro de viaxe. A entrada non está incluida no prezo, e a estimación e que custará 35 euros. A viaxe terá un custe de 80€ para peñistas e aboados, e 10 euros máis para o público en xeral. 

Se queredes máis información podedes facelo no teléfono 608 272 314, o una oficiña de da Federación, sita nos baixos de Balaídos, os venres entre 17:00 e 20:00 horas, ou en día de partido. Para reservar praza o último día é o venres 27 de febreiro ou antes se se agotan as prazas. 

0 comments:

Publicar un comentario