A selección galega volverá a xogar en 2016


Ven de anuncialo a Televisión de Galicia no telexornal desta mediodía. A selección galega voltará no ano 2016, cumplindo así unha reivindicación de moitos siareiros galegos. Despois de que Iago Aspas e Lucas Pérez se mollaran reclamando o regreso da selección, foi Rafael Louzán, actual Presidente da Federación Galega, quen tomou o guante e asegurou na Televisión autonómica que regresarán os partidos da selección, incluso é posible que sexa antes da celebración da Eurocopa. 

O propio Louzán foi quen asegurou este punto: “Imos intentar que sexa antes da Eurocopa, e senón no transcurso do ano 2016. Nos entendemos que temos paises relativamente cerca e estamos traballando varias posibilidades, e despois tamén hai moitos paises en América que teñen moita vinculación con Galicia”. 

O regreso da “irmandiña” sería oito anos despois do último partido disputado durante a lexislatura na que PSOE e BNG compartiron o goberno da Xunta. Tra-la chega do Partido Popular ó goberno, con Núñez Feijoo ó fronte, deixaron de celebrarse este tipo de encontros, asegurando que era unha cuestión económica. 

0 comments:

Publicar un comentario