A Fundación facilitará entradas na Eurorrexión Celeste


A Fundación Celta de Vigo levará a cabo durante esta tempada unha interesante proposta ideada para afianzar e estender o celtismo ao longo da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal e achegar o club á afección. O proxecto "Eurorrexión Celeste" consiste en facilitar aos concellos desta ampla zona entradas para os partidos que o Celta dispute en Balaídos e que estas institucións distribuirán entre entidades, colectivos e veciños. Ademais, os invitados terán a oportunidade de realizar unha visita ao museo do Celta e recibirán un obsequio por parte da Fundación.

Nesta ocasión, con motivo do partido Celta - UD As Palmas, a Fundación convidou ao concello da Estrada, que repartiu as súas entradas entre os mozos integrantes dos equipos Callobre FC e Sporting A Estrada. No anterior encontro en Balaídos, foi o Concello de Redondela o protagonista deste proxecto.

Esta iniciativa vai destinada aos concellos pertencentes á Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal tanto cos que a Fundación e o club manteñen xa unha relación de colaboración en materia deportiva e de formación, como co resto de localidades situadas nesta zona.

Celta e Fundación continúan deste xeito estreitando lazos con diversas institucións da súa contorna para promover o celtismo e achegar o club á afección.

Nota de prensa

0 comments:

Publicar un comentario