![]() |
A selección galega no partido de 2005, en Compostela |
Galicia podería recupera-la súa selección, segundo se desprende das verbas de Rafael Louzán, Presidente da Federación Galega de Fútbol onte no Galicia en Goles, da Radio Galega. O de Ribadumia apuntou que a idea da Federación era a de recuperar o tradicional partido de nadal que disputaba a selección tódolos anos ata a chegada de Núñez Feijoo ó goberno da xunta, hai agora seis anos.
A última vez que a selección galega xogou un partido foi no nadal de 2008, na Coruña. O ano anterior o encontro disputouse en Vigo, fronte a Camerún, e rematou con empate a un no taboleiro, nun partido que se retrasou porque a selección africana cambiou as condicións a última hora e a piques estivo de non presentarse a xogar en Balaídos.
Agora chega a promesa de Louzán, que non sabemos qué terá de iso, de promesa, e canto de realidade. Non é a primeira vez que a Federación amosa a súa intención de recupera-lo partido, pero parece complexo que se poida dar con este goberno.
0 comments:
Publicar un comentario